Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 28 enero 2022
02:26
h

Os rapaces de Vimianzo poden estar contentos co Vimiverán

Presenta novidades como as actividades de aventura en cada unha das parroquias

Vimianzo. O Concello de Vimianzo deu a coñecer a extensa programación para o Vimiverán 2021, onde a principal novidade será a actividade Vimiaventura nas parroquias.

O obxectivo prioritario do Vimiverán 2021 é facilitarlle a conciliación ás familias e para iso preséntanse distintas quendas. A primeira, do 28 de xuño ao 16 de xullo, terá Vimiteatro para nacidos entre 2009 e 2018 cun máximo de 50 prazas e inclúe a tarde-noite meiga no Castelo de Vimianzo. Celebrarase na casa da cultura en horario de 10.00 a 14.00 horas. Por outra banda, Vimiaventura está pensado para nados entre 2009 e 2018 e celebrarase no pavillón municipal, cun máximo tamén de 50 prazas.

Do 19 de xullo ao 6 de agosto, haberá Vimichef na aula de cociña da Escola de Reboredo, en Salto con 30 prazas. Por outro lado, terá lugar Vimiverde, no pavillón municipal, para a rapazada nada entre os anos 2009 e 2018.

Do 10 ao 27 de agosto, o Vimichef será para nados entre 2009 e 2014, tamén na aula de cociña da Escola de Reboredo, en Salto, cun máximo de 30 prazas. A Vimifesta, para nados entre 2009 e 2018 terá lugar no pavillón municipal, e contará con 50 prazas.

Para rematar, e como principal novidade, entre o 28 de xuño e o 27 de agosto celebrarase Vimiaventura nas parroquias, para rapaces de tres a doce anos. O número mínimo de inscritos será de 10 por parroquia e terán prioridade os que estean empadroados en Vimianzo. O prezo de cada actividade será de 50 euros, con 5 euros de desconto por familia numerosa. m.b.

08 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.