Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os socialistas lembraron en Muxía, vinte anos despois, o ‘Prestige’ cun documental

O PSdeG estreou en Muxía o seu documental Prestige, 20 anos despois nun acto que contou coa participación do secretario xeral, Valentín González, e dos alcaldes e alcaldesas na Costa da Morte e Bergantiños.

González Formoso reivindicou a mobilización social que levou aos socialistas á Xunta despois de que os gobernos autonómico e central “mentiran á poboación co descaro máis absoluto”.

O número un dos socialistas galegos pechou o acto reivindicando aos alcaldes e alcaldesas da comarca que asistiron, xa que eles “amosan o que significa ter un goberno socialista, próximo á xente e preocupados de protexela”. Por iso, sinalou que “o PSdeG é esencial nos malos momentos, como na pandemia, porque senón estivera o partido socialista todos saberíamos o sufrimento que significaría”.

Para o secretario xeral socialista o Prestige derivou nunha mobilización social que permitiu “botar ao goberno da mentira” e que Galicia e España puideran obter todos os avances sociais que viñeron da man dos socialistas, dende a lei de dependencia, a protección das vítimas de violencia de xénero ou a lei de matrimonio igualitario.

Valentín González Formoso subliñou que documentais coma o presentado “fala moi ben dun partido que non permite que o paso do tempo, faga esquecer a importancia das cousas relevantes para a historia do país”. “Un partido que adica tempo, recursos e ilusión a un proxecto precioso e con sentimento, da cada, para os da casa”, alegou.

O documental recolle voces do partido da actualidade, como o propio Formoso, así como daquel momento, como o expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a ex conselleira de Pesca, Carmen Gallego, o exportavoz parlamentario Ismael Rego ou a exparlamentaria Marisol Soneira.

Tamén contaron con outras figuras alleas que viviron de primeira man aquel suceso, como a actriz e directora teatral Tamara Canosa, o expatrón maior da Pobra do Caramiñal, Manuel Maneiro, o coordinador de Protección Civil de Muxía, Ramón Pérez Barrientos, así como representantes do sector do marisqueo e a pesca, como a bateeira e presidenta da asociación Mulleres Salgadas, Dolores Gómez.

15 dic 2022 / 09:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.