Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pechan un posto do mercado dominical de Cee porque os vendedores tiñan que estar confinados

CEE. A Garda Civil de Corcubión, coa colaboración da Policía Local de Cee, localizou no mercado dominical ceense un posto de venda ambulante de produtos de alimentación rexentado por persoas que debían estar confinadas. Os implicados foron requeridos para que pechasen o seu posto, e así o fixeron. A Garda Civil puxo os feitos en coñecemento da Consellería de Sanidade por si poidesen ser constitutivo de infracción administrativa. Durante as festas de Nadal fixeron na Costa da Morte máis de 200 controis e inspeccións e tramitaron 120 denuncias administrativas. Entre as actuacións destacan o desaloxo de dúas festas ilegais. Unha delas tiña lugar o pasado día 3 ás 4.00 horas en Trasufre (Muxía) e nela participaban máis de dez personas incumprindo as normas sanitarias e a restricción de mobilidade. A outra foi en decembro no lugar de Denle, en Fisterra, en similares circunstancias, ambas en vivendas apartadas ou abandonadas. J. L.

11 ene 2021 / 20:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.