Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pedirán á Xunta que demande de Xeal o cumprimento das condicións das concesións

A alcaldesa e edís de Cee mantiveron unha xuntanza co comité de empresa // O Tribunal Supremo rexeitou o último recurso da empresa // O obxectivo é garantir o emprego e a actividade nas fábricas de ferroaleacións

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, xunto cos concelleiros do PP, Antonio Domínguez; IxCee, Ramón Vigo; BNG, César Pérez; e Ciudadanos, Juan Hermida, mantiveron unha xuntanza cos representantes do comité de empresa de Xeal para avaliar a resolución da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo, que non admitiu a trámite o recurso de casación presentado pola empresa contra a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 5 de noviembre de 2020, polo que agora é firme.

Confirmada a imposibilidade legal da segregación, entenden que é necesario estudar a fondo as bases xurídicas para plantexar á Xunta de Galicia o cumprimento das condicións fixadas na concesión con base a que na propia sentenza di literamente que “es posible la imposición de limitaciones por la razón ofrecida por la administración cual es mantenimiento del empleo en una determinada comarca, ya que la protección de los derechos, la seguridad y la salud de los trabajadores se encuadra entre las razones imperiosas de interés general”.

Margarita Lamela e o seu homólogo de Dumbría, José Manuel Pequeño, alcaldes dos dous municipios onde se asentan as dúas factorías de Xeal, consideran que é necesario “solicitar un informe xurídico para o estudo de ditas bases”. A este respecto, a rexedora ceense asegura que “a concesión das centrais debe garantir o mantemento dos postos de traballo e a actividade das ferroaleacións, a propia sentenza do TSXG afirma que a condición da non segregación das actividades fixouse para asegurar o mantemento de emprego dunha comarca deprimida como é a Costa da Morte, polo que deben fixarse os criterios para entender cumpridas as condicións das concesións”.

A realidade, engade, “é que as plantas de Cee e Dumbría atópanse a unha porcentaxe baixa da súa capacidade de producción, con só 3 fornos dos 5 existentes en funcionamento, perdéndose día a día postos de traballo entre as xubiliacións (non cubertas por outros traballadores), persoal eventual e traballos derivados de empresas externas”.

19 jun 2021 / 20:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.