Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pedro Brandariz abre en Olveira o outono cultural nas bibliotecas de Dumbría

O Concello de Dumbría encherá de contos, ciencia, música e obradoiros as bibliotecas municipais este outono. A programación arranca este venres, día 24, na axencia de lectura de Olveira coa sesión contacontos Médico de familia, a cargo de Pedro Brandariz. A cita é ás 18.30 horas, ao igual que todas as actuacións previstas, agás a do 1 de outubro en Buxantes, onde desfrutarán, a partir das 18.00 horas, do ciclo de Ciencia Divertida con Mulleres científicas.

O sábado, día 25, Cristina Collazo presentará o espectáculo O Alquimista en Berdeogas, onde o día 2 de outubro se impartirá o obradoiro O método científico. Marta Ortiz ofrecerá o concerto Coser e Cantar en Berdeogas (8 de outubro) e ao día seguinte presentará Galicia Máxica en Olveira (día 9). A Escola das Utopías impartirá o obradoiro Parti da Igualdade no Ézaro (día 15), e a compañía Tropa de Trapo achegará Contos de nenas a Buxantes. Pedro Brandariz encargarase de pechar a programación en Buxantes cos seus contos de Heroes e heroas.

Asemade o Concello de Dumbría abriu as preinscricións ata o 8 de outubro para participar nas actividades culturais e deportivas neste novo curso. A oferta para os nenos e nenas inclúe apoio escolar, inglés, informática, teatro, gaita, pandeireta, zumba, fútbol, voleibol e piragüismo. Os adultos, pola súa banda, poderán formarse en informática, teatro, manualidades, gaita e percusión, pandeireta, pilates e zumba, ademais de poder asistir a clases de apoio de Educación Secundaria. Unha vez tramitadas as preinscricións comunicaranse aos admitidos os horarios e as localizacións das actividades.

23 sep 2021 / 19:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.