Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Piden a Xeal que actúe ante a condena por acoso do xefe de prevención

Dende a dirección din que a compañía foi exonerada de calquera tipo de responsabilidade

Cee. O comité de Xeal informa que o Xulgado do Social número 2 da Coruña vén de condenar ao reponsábel do Servizo de Prevención por acoso sexual a unha traballadora, da que era xefe directo. Demandan agora á dirección da empresa que adopte “de inmediato medidas contundentes” e que “protexan ás traballadoras de este individuo”.

Reclaman que “se despida a este mando adxunto á dirección, do mesmo xeito que se fixo con outros traballadores sen contemplacións, por cuestións menores e que non constitúen en ningún caso unha vulneración dos dereitos fundamentais á igualdade e á integridade moral”.

Lembran dende o comité que un dos seus membros “foi despedido oito días despois de que fose a testificar a favor da traballadora acosada”, polo que piden que “de forma urxente, se readmita”. A representación social considera que “esta medida, ademais de ilegal e que xa foi denunciada, é unha clara represalia polo seu papel como testemuña na vista”.

Aínda que a sentenza non estimou a demanda contra a empresa, din que “Xeal ten unha obvia responsabilidade nesta vulneración dos dereitos sufrida pola traballadora e debe deixar de amparar este tipo de comportamentos machistas”. Acusan ademais á dirección de “intentar ocultarlle o acoso ao comité. O paripé de investigación feito pola empresa concluíu que non existía acoso laboral e sexual, algo que agora a sentenza desmonta”.

Pola súa banda, dende a empresa aseguran que o Xulgado “ha exonerado a Xeal de cualquier tipo de responsabilidad. Esto demuestra la solidez de las Políticas de Gobierno Corporativo y el compromiso para evitar cualquier suceso de esta índole, así como el de investigarlo hasta sus últimas consecuencias. Algo que debe ser compatible con el respeto a la presunción de inocencia”. Din que a compañía “ha actuado y actuará en todo momento conforme a derecho tal y como ha reconocido la sentencia”. En calquera caso, engaden, “como no puede ser de otra manera, la compañía mantiene su total respecto a las decisiones judiciales”.

29 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.