Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 21 junio 2021
12:29
h

Piden que liberen de toxo o Camiño dos Faros á maior brevidade posible

Vimianzo. A Plataforma de Turismo e Hostalería da Costa da Morte remitiu un escrito aos concellos solicitando que realicen “urxentes labores de mantemento e limpeza” do percorrido do Camiño dos Faros.

Aseguran que, dende o levantamento dos peches perimetrais, “constatamos que multitude de sendeiristas están aproveitando os recursos naturais da nosa zona, e o sendeirismo permite incrementar a economía, axudando a mellorar a situación de moitas familias e empresas”. Estiman que este ano o número de camiñantes irá en aumento.

Dende a plataforma ofrecen a súa colaboración “para que o desenrolo das tarefas sexan o máis doadas posibles”. A intención do colectivo é “sumar entre todos, asociacións e concellos, para lograr unha unión e unha colaboración para mellorar o desenvolvemento da Costa da Morte como un destino sostible e innovador para o turismo”.

A plataforma está integrada por doce asociacións de hostalería e empresarios, e din representar a máis de seiscentos cincuenta socios e compañeiros que, de xeito directo ou indirecto, viven do turismo, “e da que dependen máis de tres mil quinientas familias”. M. LAVANDEIRA

26 abr 2021 / 19:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.