Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Piden recuperar os terreos vendidos a Telefónica no monte Facho de Fisterra

Fisterra. O presidente da AAVV Costa da Morte, de Fisterra, José Fernando Carillo, solicita al Concello que inicie as negociacións coa empresa Telefónica S. A. para a recuperación da propiedade dos terreos que no seu día foron vendidos para as instalacións da Radio Costerira no alto do Monte Facho, coñecido tamén como Monte do Cabo, “polo mesmo prezo simbólico no que se venderon”.

Asegura que actualmente coas novas tecnoloxías este tipo de central de comunicacións xa quedou obsoleto e “as súas instalacións están en total abandono e xeran un impacto paisaxístico nun lugar moi sentible de especial protección ambiental”. Ademais, engade, os terreos “non teñen utilidade algunha para dita empresa”. J. M. r.

20 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.