Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Piden un plan de seguridade viaria e de sinalización de tráfico para Corcubión

Corcubión. O BNG presentou unha moción para solicitar o desenvolvemento dun plan de seguridade viaria e de sinalización de tráfico no concello. Os concelleiros nacionalistas consideran que urxe elaborar un plan urbano, na busca tanto da seguridade como da mobilidade sostible apostando pola convivencia pacífica de todos os medios de transporte e o reparto equitativo do espazo público.

Tamén cren que hai que apoiar aos sistemas non motorizados e aos servizos públicos e aplicar medidas que maximicen a seguridade das persoas cando se despracen pola rúa. Comentan que neste proceso débese contar coa participación cidadá para avanzar nun consenso social amplo que permita facer da mobilidade sostible e segura o eixe vertebrador da política local e do plan de actuación a realizar.

O portavoz do BNG, Lois Lado manifestou que “urxe elaborar coa maior brevidade posible este plan porque hai días que existe un verdadeiro caos de tráfico. A inminente chegada do verán e a falta de policía local agrava a situación porque non existe autoridade no pobo”. Afirma ademais que “hai que darlle preferencia aos peóns en todo o casco histórico, os coches no poden aparcar onde lles pete e hai que sinalizar o pobo para dar maior seguridade, tanto viaria como xurídica. Debemos apostar pola mobilidade sostible en todo o concello”, conclúe.

17 may 2021 / 16:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.