Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Plan para un santuario da Barca máis accesible

Mellorarase tamén a iluminación e a sinalización // A estudo a recuperación da fonte da Pel, na que se bañaban os peregrinos

A Deputación da Coruña e o Concello de Muxía colaborarán para mellorar o entorno do santuario da Virxe da Barca. Cun investimento de 160.441 euros, financiados a través do Plan Único, acometeranse unhas obras que mellorarán o alumeado, a sinalización e a accesibilidade do santuario e do seu entorno, nunha “aposta por mellorar aínda máis un espazo tan emblemático, unha referencia da Costa da Morte desde o punto de vista histórico, patrimonial e turístico”, segundo sinalou o presidente provincial, Valentín González, durante a súa visita á zona acompañado do alcalde Iago Toba e dos membros do goberno local

O alcalde, Iago Toba, agradeceu o apoio da Deputación para mellorar “o mellor escaparate de Muxía”, dotando de paneis e postes informativos aos puntos máis emblemáticos (mirador do Corpiño, fonte da Pel, Sala do Perello...) “que permitirán aos visitantes coñecer de maneira moi intuitiva a importancia histórica e patrimonial deste enclave e a súa vinculación co Camiño de Santiago”.

Toba explicou tamén que se renovará por completo o alumeado exterior tanto do santuario coma dos camiños de acceso, con novas luminarias que irán encastradas no chan ou nos muros de pedra do camiño e que será “acorde coa contorna, realzando o seu valor monumental e a seguridade dos visitantes e veciños que visitan a zona ao solpor ou pola noite.”

As obras incluirán melloras na accesibilidade e na seguridade vial no entorno e un estudo para frear o deterioro da fonte da Pel, que data da época medieval e ten unha gran importancia histórica debido a que se trataba dun lugar de baño dos peregrinos antes de entrar no santuario.

Traballadores e traballadoras contratadas a través do programa PEL- Concellos da Deputación estiveron estes días realizando labores de roza, limpeza e mellora dos camiños do entorno.

Antes de visitar o santuario da Virxe da Barca, Valentín González Formoso e Iago Toba, acompañados tamén pola deputada responsable da área de Benestar Social da Deputación, Ana Lamas, reuníronse na Casa do Concello co equipo de traballadoras e traballadores da área social do municipio, que foi reforzado coa contratación de dúas novas auxiliares administrativas e unha traballadora social grazas ao Fondo Social de 14 millóns de euros que este ano incorpora o Plan Único e que para Muxía supón unha achega de 157.000 euros. A Deputación cofinancia tamén con outros 61.600 € o Servizo de Axuda no Fogar de Muxía.

Valentín González afirmou que a área social “é unha das apostas estratéxicas da Deputación e do Concello”. O presidente destacou que este fondo social “axuda tamén a crear emprego”.

04 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.