Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Plan piloto de compostaxe nos núcleos rurais de Zas
e Mazaricos

Trátase dun proxecto da Federación Rural Galega cofinanciado pola Deputación

Zas. A Deputación da Coruña financiará con 48.000 euros un proxecto piloto da Federación Rural Galega (FRUGA) para implantar un modelo de tratamento dos residuos baseado na compostaxe nos concellos rurais da provincia. Destinará 48.000 euros para financiar este programa, o que supón un 79,55 % do total do orzamento.

O deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas García, explicou que o proxecto xa está en marcha e, nunha primeira fase, “desenvólvese nos concellos de Zas e Mazaricos coa intención de estendelo a máis municipios se ten éxito, co obxectivo de concienciar á poboación da necesidade de reducir a deposición de restos orgánicos nos contedores e de presentarlles a opción do seu aproveitamento”.

Actualmente os traballadores do programa están a levar a cabo un diagnóstico, o máis preciso posible, da situación na que se atopan estes dous municipios con respecto á recollida de lixo, así como do importe da factura que supón a súa xestión.

A partir destes datos definiranse os obxectivos a acadar, como o número de vivendas nas que actuar ou os sectores produtivos sobre os que se quere incidir, ademais de marcar os diferentes actos divulgativos e formativos a realizar coa poboación. “Logo, chegará a quenda do traballo de campo cos participantes que se decidan a dar o paso e iniciar o proceso de autocompostaxe, para o que se fará un acompañamento por parte do persoal encargado de impartir a formación”. J. M. R.

24 feb 2021 / 16:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.