Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Portas pechadas no faro do Cabo Vilán de Camariñas esta Semana Santa

A asociación de empresarios lamenta a falta de apoio e interese por parte do goberno local // Está á espera de recibir a axuda da Deputación para reabrir o inmoble // O colectivo O Camiño dos Faros teme que acabe sendo privatizado

Un dos iconos da Costa da Morte, o mítico faro de cabo Vilán, en Camariñas, estará pechado esta Semana Santa. Dende a Asociación de Empresarios e Promoción Turística (Aept) que xestiona as instalacións dende 2012, din que están cansos de “palabras que se leva o vento”, e lamentan a falta de apoio por parte do Concello para manter aberto un dos principais recursos turísticos do municipio.

A presidenta da patronal, Olga Campos, asegura que “sentímonos ninguneados, xa que non contan con nós para nada nin amosan ningún interese polo faro, parece que lles da o mesmo que esté aberto ou pechado”.

A asociación, co apoio de Agader, asumiu a xestión no 2012 co compromiso de mantelo aberto alomenos cinco anos, pagando un alugueiro á Autoridade Portuaria, que é a titular do inmoble. “Durante tres anos, sen nengún tipo de axuda, fomos a única oficina de turismo da Costa da Morte que se mantivo aberta todo o ano”, afirma Campos, quen subliña que desde o primeiro momento “nos reunimos coas distintas administracións para pedir o seu apoio, conscientes de que nós sós non poderiamos soster o servizo”.

Chegou a crise, engade, “e atopámonos sós, tendo que sobrevivir grazas á axuda dos socios”. Tan só a Deputación foi sensible ás súas chamadas “e o deputado de Turismo, Xosé Regueira, díxonos que tiña que seguir aberto o faro”. Dende entón é a única axuda que reciben, polo que nos últimos anos víronse obrigados a pechar no inverno para reabrir as portas en Semana Santa “adiantando nós os cartos ata que nos ingresaban a subvención, pero este ano, vendo que os políticos non teñen interese, non podemos seguir arriscando o noso diñeiro”, afirma a presidenta.

A intención do colectivo é reabrir tan pronto como lles ingresen a axuda e, “se tivesemos apoio gustaríanos musealizar o faro” para o que xa teñen un anteproxecto, “xa que o noso interese é que como ben público que é continúe aberto a todos e non caia en mans privadas”.

Un temor que tamén manifestan dende a Asociación O Camiño dos Faros, que alerta de que poida ser “carne de futuro hotel de un prendendor que pagaremos entre todos para privatizar un bien común, si nadie lo remedia”. Lamentan que “mientras cada semana aparecen ideas de nuevos museos, este gran museo está cerrado”.

02 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.