Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Portos inicia a licitación da reparación da cuberta e a fachada da lonxa de Muxía

COSTA DA MORTE. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar o procedemento de licitación das obras de reparación da cuberta e a fachada da lonxa de Muxía. Así llo trasladou este venres a presidenta do ente público, Susana Lenguas, ao patrón maior da confraría de pescadores, Daniel Castro, nunha reunión de traballo mantida na sede da entidade.

Susana Lenguas explicou que esta actuación sae a licitación cun orzamento base de 230.000 euros, IVE incluído. Polo que respecta á obra, subliñou que consiste fundamentalmente na renovación da cuberta e a fachada do edificio para a súa impermeabilización co obxectivo de correxir o seu estado de corrosión.

O proxecto das obras inclúe ademais a reparación dalgúns elementos estruturais afectados tamén pola corrosión. O prazo de execución previsto dos traballos é de tres meses desde a data de contratación, segundo informa Portos de Galicia. J. L.

20 nov 2020 / 16:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.