Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Prácticas contra os incendios da Unidade Militar de Emerxencias en Vimianzo

Participan trinta e sete militares e uns quince vehículos e tamén os dispositivos da Xunta

Vimianzo. O V Batallón de Intervención (BIEM V) da Unidade Militar de Emerxencias (UME), coa colaboración do Concello de Vimianzo, está a levar a cabo no municipio vimiancés unhas xornadas de prácticas e exercicios co obxectivo de intercambiar coñecementos, técnicos e de medios, para a campaña de verán, de tal forma que, chegado o caso, traballen perfectamente coordinados nas múltiples tarefas motivadas por un incendio forestal.

Unhas prácticas e exercicios que comezaron este martes e que continuarán o mércores día 6 de abril. As actividades estanse levando a cabo en coordinación coas dotacións da Xunta de Galicia.

Dende o Concello queren comunicar á cidadanía que “non supoñen ningún perigo para o medio natural; realízanse con toda rigorosidade, sendo un punto fundamental á hora de preparar a instrución ante os meses máis complicados da tempada estival”, afirman neste sentido.

O operativo está integrado por trinta e sete militares e quince vehículos, entre os que destacan seis autobombas, unha nodriza, unha ambulancia, un vehículo Mérida de transmisións e diversos vehículos pesados e lixeiros. Os militares alóxanse no pavillón polideportivo da capital de Terra de Soneira.

CAMIÑO DE FUTURO. Por outra banda, Vimianzo acolle este mércores ó mediodía na casa da cultura o evento Camiño de futuro, para informar das axudas para fomentar a competitividade e o crecemento das empresas. M. l.

06 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.