Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Premio para a Torrada dos Moscoso como mellor Pincho Irmandiño de Vimianzo

O Companagium de A Lagoa recibiu o premio na modalidade de decorados

Vimianzo. A Torrada de Moscoso, da Cervexaría Risco, fíxose co premio ao mellor Pincho Irmandiño da vinte e cinco edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo. O reconto dos votos emitidos polos comensais que pudieron degustar os doce petiscos ofertados entre o 28 de xuño e o 2 de xullo tivo lugar na tarde do mércores na Casa da Cultura. O acto estivo presidido pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Rosa Blanco.

Pola súa banda, o restaurante A Lagoa recibirá o premio polo Companagium, elexido como o mellor decorado.

A rexedora quixo felicitar “a todas as persoas que fixeron desta nova edición unha das máis competidas que se lembran, polo esforzo, adicación e sobre todo afán de superación”, lembrando que “non é sinxelo, xa que se ten que prescindir de moitísimos ingredientes e hai que reinventarse ano tras ano”.

Logo do éxito do Asalto ao Castelo, en Vimianzo vivirase o sábado outra cita histórica, a Faguia de Carnés, declarada tamén Festa de Interese Turístico de Galicia. Ás 19.00 horas terá lugar a misa cantada na honra de San Cristovo, á que seguirá a tradicional procesión, acompañada por un grupo de gaitas.

A partir das 20.00 horas comezará a popular degustación de callos, acompañados de pan, viño e refrescos na coñecida como A Cerca, a onde será levada en procesión a imaxe de San Cristovo. A cita gastronómica será amenizada polas charangas Mekánika e Santa Compaña, o dúo D’ Festa e Peta Forte. M. L.

07 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.