Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 30 enero 2023
08:52
h

Premios para cinco alumnos sobresaíntes do IES Fernando Blanco de Cee

Obtiveron notas medias de entre 9 e 10 e recibirán unha beca de cincocentos euros

Cee. O IES Fernando Blanco de Cee acollerá este venres, ás 12.00 horas, trala tradicional ofrenda floral no sepulcro onde repousan os restos do fundador, o acto de entrega da XI Edición das Becas-Premio Fernando Blanco correspondentes ao curso 2021-2022, que recibirán os alumnos cos cinco mellores expedientes, con notas medias entre 9 e 10.

Cada unha das becas está valorada en 500 €, dos cales 220 € serán entregados en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores. O obxectivo é, por un lado, recoñecer o esforzo, traballo, dedicación e aptitudes do alumnado, e, por outro, recuperar unha tradición histórica da Fundación Fernando Blanco, posto que xa no Regulamento do Colexio-Instituto, publicado en 1886, establecíase a necesidade de entregar recompensas aos mellores expedientes de cada curso.

Ao acto está previsto que asistan a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela; a inspectora de Educación, Magdalena Duarte Blanco; representantes das distintas formacións políticas do Concello de Cee e dos establecementos colaboradores, integrantes do Padroado da Fundación, equipo directivo e profesorado do instituto, familias e alumnado do centro.

Nesta edición colaboraron como patrocinadores O Semáforo de Fisterra, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L., Compucee, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport, Cabo Sport, Parques e Xardíns Manuel García, Inforneria e Abanca. Manuel Lavandeira

28 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.