Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Presentan ás confrarías os traballos para sanear as augas da ría de Corcubión

CEE. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presentoulle aos representantes do Concello de Cee e das confrarías de Corcubión e Fisterra as actuacións da primeira fase da mellora do saneamento da ría, coas que se quere poñer fin aos “problemas severos” da rede. Unhas deficiencias que, ademais de provocar vertidos aos ríos, tamén son as causantes de que a praia da Concha, en Cee, teña habitualmente prohibido o baño e de que a actividade dos profesionais do mar, especialmente os mariscadores, se vexa igualmente afectada.

Vázquez confirmou que xa saíron a licitación os traballos, e as empresas terán de prazo ata o 9 de decembro para presentar as ofertas. O obxectivo é que o contrato poida ser adxudicado no primeiro trimestre de 2022 e que as obras comecen na primavera e rematen a finais do ano 2023. J. M. r.

29 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.