Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Presentan as rutas que levan a Compostela desde Vimianzo

Vimianzo. A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá este venres, 25 de febreiro ás 20.00 horas, a presentación do programa sobre todas as rutas vinculadas ao Camiño de Santiago que levan ata a capital de Galicia, nun acto organizado polo Concello e o Club Triatlón Costa da Morte. A través de coloquios pretenden vencellar este tipo de itinerarios coa práctica deportiva para todas as idades.

Participarán a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; Alberto Cacharrón, aventureiro, historiador e escritor; e o presidente do Club Triatlón Costa da Morte, David Calzas. Eplicarán os pormenores do proxecto, que nace para promover a práctica do deporte na nosa contorna e fomentar así a cultura dun xeito lúdico no contexto do Camiño Francés, do Camiño Inglés, do Camiño Primitivo, do Camiño do Norte, do Camiño Portugués e do Camiño Mozárabe.

Dúas son as obras principais nas que se fundamenta esta idea: El camino de las estrellas, para público mozo, e Iter Sancti Iacobi, para público adulto. Así, o 8 de abril, tamén en Vimianzo, desenvolveranse estas charlas, de 9.00 a 20.00 horas e por grupos, en función das idades, xa que a orientación non será estritamente a mesma. Para nenas e nenos de 12 a 15 anos, será ás 9.00 horas. Para a rapazada de 16 a 17 anos, ás 11.00 horas; para crianzas de 9 a 11 anos, ás 18:00 horas; e para maiores de 18 anos, ás 20.00 horas. A duración aproximada de cada unha é 1.30 horas.

Exposición fotográfica

Desde o 8 de abril, na Sala Antón Mouzo, poderanse contemplar 25 confeccións fotográficas de Alberto Cacharrón, sobre as súas viaxes polos Andes, o Sáhara ou os Alpes. Estará presente tamén este venres ás 20.00 horas na Casa da Cultura, onde dará a coñecer a súa faceta máis aventureira, tamén da man do Camiño de Santiago.

24 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.