Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Presentan o libro ‘Brandomil na historia. Un couto de mulleres’

Zas. A igrexa parroquial de San Pedro acolleu a presentación do libro Brandomil na historia. Un couto de mulleres, editado pola Fundación Brandomil coa axuda da Deputación da Coruña. O acto estivo presidido polo alcalde de Zas, Manuel Muíño, e participaron tamén Juan Carlos Ramos, patrón da fundación; o párroco Javier Flórez, e Mercedes Vázquez, unha das autoras encargadas da investigación e da redacción.

Na súa intervención, o rexedor gabou o traballo que está facendo a fundación por indagar no pasado desta parroquia, mentres que Juan Carlos Ramos recalcou a importancia de coñecer a historia de Brandomil para explicar o presente e poder construír un futuro máis forte.

Mercedes Vázquez, coautora da obra, debullou a historia de Brandomil dende o século XII, data na que xa comeza a aparecer documentación escrita sobre a parroquia.

No acto participaron medio cento de veciñas e veciños da parroquia de Brandomil, así como o historiador vimiancés Xosé María Lema Suárez, e tamén Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego e autor da guía De Santiago a Muxía por Brandomil, dedicada a esta senda histórica do Camiño de Santiago. M. L.

10 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.