Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Preto de 150 maiores de Vimianzo nos obradoiros de estimulación

Estarán adaptados á situación sanitaria e faranlles chegar ás casas as actividades

Vimianzo. O Concello vimiancés decidiu adecuar os obradoiros de estimulación cognitiva para os maiores á incidencia da Covid-19, ante as restriccións impostas pola Consellería de Sanidade, polas cales non se poden establecer xuntanzas de máis de cinco persoas.

Como xa fixeran durante o confinamento, repartirase o material destas actividades a domicilio, protexendo así á veciñanza máis maiores “e con maior risco de contaxio”, apuntan desde a administración local vimiancesa.

Participan ao redor de 150 persoas, de idades comprendidas entre sesenta e noventa anos, e o reparto efectúase en trece das catorce parroquias de Vimianzo. “A iniciativa do Concello e fantástica, porque aínda que a situación limita moito os movimentos, este tipo de actividades son moi necesarias para os nosos maiores e grazas a isto poderanse seguir desenvolvendo, dun xeito personalizado”, comentan desde a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Fisterra e Soneira (Afafes), que traballa subvencionada polo Concello.

Desde a administración local aseguran que continuarán con “esta política integradora analizando o contexto vixente, tratando de minimizar todo o que poidamos o impacto da Covid-19 en todos os eidos. Sabemos que é moi complexo, pero pouco a pouco engadiremos fórmulas que nos permitan solventar moitos dos problemas do día a día”, comenta María José Pose, concelleira de Servizos Sociais. J. M. RAMOS

26 oct 2020 / 17:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.