Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Primeira limpeza a flote no barco de Mar de Fábula

Camariñas. A Asociación Mar de Fábula fíxose á mar co seu novo barco para levar a cabo a primeira limpeza a flote de lixo mariño. “Utilizando unha linguaxe bélica, tan de actualidade hoxe en día, puxemos por fin a traballar a lancha na guerra que temos declarada contra a contaminación do lixo plástico no mar usando sofisticadas armas de fabricación caseira: un trueiro e un bicheiro de alta capacidade ofensiva”, afirmou Xosé Manuel Barros, portavoz da asociación ambiental.

O primeiro paso do proxecto no que están embarcados para apañar o lixo plástico que aboia nas augas da ría de Camariñas “foi comezar polo máis patente, o de máis impacto visual e noxento: os plásticos que aboian no porto, centro neurálxico da vila”, engadiu.

Botellas de bebidas, envases de deterxente, latas, bolsas de plástico, envoltorios de chucherías, unha bolsa de rafia de Mercadona, un big bag, espumas sintéticas, cordas, máscaras do covid e tres bolsas de plástico pechadas de contido sospeitoso.... “Unha porcallada”, subliña Barros ao facer balance desta primeira xornada de limpeza a flote.

Ao remate da experiencia, os voluntarios de Mar de Fábula procederon a depositar os residuos recollidos nos seus respectivos contedores para o seu tratamento e reciclaxe. A loita non fixo máis que empezar. Haberá máis travesías. M. L.

21 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.