Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Primeiro premio para a miniempresa ATCaron do IES Maximino Romero

Baio. O alumnado do IES Maximino Romero de Lema, de Baio (Zas) gañou o primeiro premio no concurso Miniempresas Coruña de Eduemprende. Íñigo Cousillas, Joel Limideiro, Miguel Mira e Adrián Suárez, estudantes de 2º curso do Ciclo Básico de Informática de Oficina,co apoio dos profesores Marta Diz e Gonzalo de Castro-Acuña, crearon a mini-empresa ATCaron, de deseño, construción e distribución de dispositivos baseados na tecnoloxía NFC, na transformación dixital e na Internet das cousas, orientados ao ámbito empresarial e ao consumo persoal.

Entre as súas creacións destacan unha pulseira que, ao achegar o móbil, mostra unha mensaxe; unha etiqueta para conectarse de forma automática a unha rede WiFi; unha caixa para durmir móbiles; unha camiseta que acende a lanterna do teléfono; un dispositivo para acceder ao ordenador mediante unha tarxeta NFC e moitos máis.

01 feb 2021 / 17:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.