Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Promocionan en Inglaterra o Camiño a Fisterra e Muxía e a figura do Vákner

O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, foi recibido por David Stevens, alcalde de Reading, no Condado de Berkshire (Inglaterra), ao que lle fixo entrega dun exemplar do libro Códice Calixtino en los Caminos de Santiago, obra do artista Cándido Pazos. Trátase dunha adaptación contemporánea deste manuscrito do século XII no que se recollen os sete camiños nos seus tramos galegos.

Reading é un dos dous grandes puntos de encontro dos peregrinos que se dirixen cara terras compostelás a través do Camiño Inglés. Esta visita formaba parte da viaxe realizada esta semana a través da Deputación da Coruña para promocionar o Camiño a Fisterra Muxía e o Camiño Inglés na World Market Tourism London que tiña lugar na capital británica.

Despois de promocionar o Camiño no espazo disposto pola Deputación, , onde estivo tamén a ministra de Turismo, Reyes Maroto, os deputados Pequeño e Leira estiveron na sede da Confraternity of Saint James, en Londres, devolvéndolles así a visita que fixeran a Olveiroa o pasado mes de setembro. Alí mantiveron unha xuntanza de traballo onde Pequeño promocionou o Camiño a Fisterra e Muxía e a figura do Vákner.

06 nov 2021 / 10:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.