Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Promocionan o Ano Xubilar da Xunqueira a través do tradicional xogo Tres en Raia

Foi deseñado e creado pola empresa Suministros Lar, de Cee // Xa llo fixeron chegar a todos os escolares do municipio e a boa parte dos nenos e nenas da Diócese de Santiago

Desde o pasado mes de febreiro a empresa Suministros Lar, de Cee, vén colaborando co Ano Xubilar da Virxe da Xunqueira lucindo ao longo do seu escaparate a mensaxe: Estamos co ano Xubilar Mariano de Cee.

Ademais, deseñou e creou unha edición especial do popular xogo Tres en Raia, do que elaborou máis de 1.200 taboleiros que se repartiron non centros educativos de Cee e tamén no Encontro Diocesano infantil que tivo lugar o pasado sábado en Santiago de Compostela. Deste xeito a celebración do Ano Xubilar da Virxe da Xunqueira chegou a todos os pequenos da diócese.

O taboleiro de xogo, feito en papel a modo de libro, está deseñado co logo do Ano Xubilar, e vai acompañado no seu interior dun texto explicativo, en castelán e galego, da orixe da advocación da Virxe da Xunqueira, obra do ceense Toño Casais. Na contraportada, incorpora un resumo do Concurso de Murais Azulexos que, dende o ano 2006, vén desenvolvendo Lar con fins educativos, divulgativos e de promoción do patrimonio e demais valores da Costa da Morte.

Dende a parroquia de Cee agradecen “a implicación de Suministros Lar co Ano Xubilar e o impulso da Costa da Morte”, a cal terá continuidade no tempo xa que están a traballar en novos proxectos.

09 may 2022 / 06:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.