Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Protección Civil de Muxía dispón dunha nova nave

O alcade de Muxía, Iago Toba, fixo entrega das chaves e documentación da nova nave de Protección Civil de Muxía, cumprindo, deste xeito, cunha das promesas feitas. O rexedor estivo acompañado do concelleiro de Obras, Javier Romar; o responsable de agrupación local, Ramón Pérez Barrientos, e varios voluntarios.

A nova nave consta dunha dobre altura interior, con fácil acceso de vehículos de gran envergadura, así como deseño de espazos acordes ás dimensións da maquinaria de uso habitual. A recente construción tamén conta con varios puntos de luz natural e todo tipo de instalacións eléctricas. Outras das comodidades que ofrece o edificio é que e está ubicada no núcleo urbano de Muxía.

Tras a entrega de chaves, o rexedor destacou que “desde o grupo de goberno consideramos que Protección Civil de Muxía é unha das mellores agrupacións a nivel nacional, xa que realizan un gran traballo en todo tipo de circunstacias e situacións e, polo tanto, merecen unhas infraestruturas que cubran as súas necesidades”.

“Coa entrega de chaves, cúmprese cunha das promesas feitas polo equipo de goberno para dotar a esta agrupación muxiana dunhas instalacións acordes ás súas necesidades e así, mellorar o servizo e a rapidez das súas actuacións de cara á veciñanza de Muxía”, engadiu.

13 feb 2021 / 20:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.