Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Proxectada unha Casa do Maior en Cee

É unha iniciativa dunha cooperativa integrada por mulleres e está á espera da subvención da Xunta // Ubicarase no lugar de Cabaleriza // O goberno local estuda solicitar máis nas próximas convocatorias

Unha cooperativa integrada por mulleres ten en proxecto a creación dunha Casa do Maior, que se ubicará nun local cedido polo Concello de Cee no lugar de Cabaleriza, que se adaptará e acondicionará por parte das promotoras. A iniciativa está á espera da concesión dunha subvención por parte da Xunta de Galicia, a cal xa solicitaron no 2020 pero a convocatoria non foi resolta e este ano volverán a pedila.

Dende o goberno local, que preside Margarita Lamela, consideran que estes servizos “constituen unha oportunidade para atender aos maiores do rural dun xeito máis persoal e individualizado, xa que só dispoñen de praza para cinco usuarios. É unha aposta por outro tipo de coidado, dirixido as persoas que teñan concedido un grao I ou II de dependencia, que permite aos usuarios pasar o día na Casa do Maior mellorando así a súa calidade de vida”. Por iso, estudan a posibilidade solicitar novos espazos deste tipo en próximas convocatorias.

14 may 2021 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.