Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Proxectan novas beirarrúas na estrada DP-1601 que une Ponte do Porto e Camelle

Serán financiadas pola Deputación da Coruña e
o orzamento inicial ascende a máis de 175.000 euros

Camariñas. Dentro dos investimentos aprobados no pleno da Deputación da Coruña figuran 175.122 euros para acondicionar a DP-1601 de Ponte do Porto a Camelle, en Camariñas. As obras realizaranse no tramo comprendido entre o punto quilométrico 4+200 e o 4+425 e basearanse na creación de beirarrúas de loseta hidráulica sobreelevadas en ambos marxes da vía.

O ancho do itinerario peonil será de dous metros, con beiravías de medio metro. Debido á diferenza de cota existente na marxe dereita do tramo de actuación, contémplase a instalación dunha varanda peonil.

A iniciativa inclúe a creación dunha zona de estacionamento de vehículos en liña na marxe dereita da vía, entre o pq 4+310 e o 4+420. Os traballos tamén contemplan a pavimentación da estrada mediante o estendido e compactado dunha capa de rodaxe a base de mestura bituminosa en quente en todo o ancho da plataforma resultante.

Ademais destas tarefas para incrementar a seguridade peonil, levaranse a cabo a renovación da iluminación existente coa substitución dos puntos de luz na marxe esquerda da estrada, así coma o cableado e os elementos necesarios para o correcto funcionamento.

Así mesmo, mellorarase a rede de saneamento afectada polas obras coa reposición dun tramo de cen metros na marxe esquerda. Inclúense no convenio a sinalización horizontal, na que se inclúen pasos para peóns, e a sinalización vertical. O prazo de execución das tarefas sitúase en cinco meses.

A LARACHA. Pola súa banda, o alcalde da Laracha, José M. López, e o representante da empresa Construcciones J. Mauri e Hijos S.L. veñen de formalizar dous contratos de mellora da rede viaria por valor 240.000 €. As obras comezarán a executarse nos próximos días. M. L.

28 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.