Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Publican unha guía das sendas polos Penedos de Traba e Pasarela

Está dispoñible en tres idiomas e repartirase a través dos concellos de Laxe e Vimianzo

Laxe. Os concellos de Laxe e Vimianzo presentaron un novo folleto turístico deseñado conxuntamente e centrado na paisaxe protexida de Traba e Pasarela. A publicación está redactada en tres idiomas, e contempla tres itinerarios polos Penedos: dous circulares e un lineal, entre Traba e Pasarela. Os roteiros circulares, teñen como puntos de saída e chegada Pasarela e o Campo do Bañal, en Traba, respectivamente.

Os interesados en dispoñer dun exemplar poden recollelo en calquera dos dous concellos, que reafirman así o esforzo conxunto de poñer en valor esta paisaxe protexida, “e avanzamos na revalorización dos Penedos de Traba e Pasarela”, afirman.

No acto de presentación da nova guía participaron o alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón, e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; a concelleira laxense delegada de Turismo, Raquel Lema; a técnica municipal encargada deste proxecto, María Mato; as concelleiras vimiancesas Rosa Blanco e María José Pose, e o técnico municipal de Deportes, Víctor Santos.

Os dous concellos queren reforzar así a súa oferta turística e pór en valor un dos enclaves de referencia para ambos municipios. M. LAVANDEIRA

12 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.