Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rapa das bestas, música e gastronomía no curro do Campo da Areosa

Vimianzo. O curro do Campo da Areosa acolle esta fin de semana a XXIV Rapa das Bestas que organiza a Asociación Cabalar Monte Faro, de Vimianzo. Este sábado, día 16 ás 8.30 horas, subirán ao monte Faro para xuntar aos equinos e, pola tarde haberá unha ruta a cabalo polo val vimiancés, acompañada polo grupo de gaitas O Revoltixo de Braño.

Ás 20.30 horas comezará a degustación de poldro, acompañado de pan viño e auga por 10 euros, e a xornada rematará cunha verbena amenizada por Judith Cundíns e o dúo D’Festa.

O domingo, día 17, haberá subasta de poldros (11.00 h.), sesión vermú con Begoña García e un xantar coa Pulpeira Taboada a base de polbo e churrasco, acompañados de pan, postre, bebida e café por 27 € (os menores de 12 anos pagarán 15 euros).

A tradicional rapa das bestas comezará ás 17.00 horas. Haberá inchables gratis para os nenos e ofrécese acampada gratuíta. Ao remate sortearase un poldro. M. LAVANDEIRA

16 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.