Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reclama o PP a limpeza do Camiño dos Faros ao seu paso por Muxía

O PP de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, enviou un escrito ó goberno municipal solicitando que procedan a facer a limpeza do Camiño dos Faros ao seu paso polo municipio. “A realidade é que esta ruta converteuse nunha actividade fundamental para o sector turístico do noso concello e non é lóxico que chegando ao mes de xullo esté no estado que está, prácticamente intransitable en moitos puntos”, comenta.

Prometéuselle ao sector, engade, que a ruta se limparía a principios deste mes “segundo nos comentaron algúns hostaleiros e, sen embargo, co mes acabado non existe ningunha actuación para mantelo en condicións”. Os populares lamentan que este tipo de peticións teñan que ser requeridas polos empresarios xa que consideran que dende o Concello deberíanas de ter presentes á hora de organizar o traballo. De feito recordan que, “o ano pasado anunciouse que se tería a unha persoa só para o mantemento deste trazado pero, unha vez máis, quedouse en nada”, recorda Vilela que remata, “sería o lóxico xa que esta senda desfrútana os turistas ó longo de todo o ano e non só no verán. É unha pena que haxa persoas que non fagan o tramo de Muxía polo seu estado de abandono”

28 jun 2021 / 18:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.