Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Recollida de tapóns en Camariñas

O obxectivo da campaña é dar a coñecer a doenza da ataxia de Friedreich

O Concello de Camariñas promoverá unha campaña de recollida de tapóns para poñer en coñecemento da cidadanía a doenza rara da ataxia de Friedreich, unha enfermidade que afecta aos músculos, especialmente ao cardíaco.

Trátase dunha anomalía na saúde hereditaria e neurodexenerativa que afecta ás persoas novas que se caracteriza por un deterioro lentamente progresivo da coordinación na marcha e na capacidade para manter unha correcta postura corporal, así como outros síntomas e signos neurolóxicos. A alcaldesa, Sandra Insua, insiste na necesidade de “como responsables públicos estar a carón das persoas que máis o necesitan, e como altofalante de problemas como as doenzas raras, pouco coñecidas pero que afectan ás persoas de maneira directa”, afirma a rexedora.

20 sep 2021 / 19:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.