Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recollidos máis 11.000 quilos de cartón comercial no primeiro semestre en Zas

Durante os primeiros seis meses do 2021 recolléronse no Concello de Zas un total de 11.010 quilos de cartón comercial que se destinaron ás plantas de reciclaxe para alongar así a súa vida útil. Os datos demostran un lixeiro incremento con respecto ao ano pasado, xa que ao longo de todo o 2020 recuperaranse 19.210 quilos nas portas dos establecementos comerciais.

O Concello ofrece dende hai anos este servizo porta a porta de forma gratuíta a todos os comercios do municipio “e son moitos os que participan nesta campaña poñendo de manifesto o seu compromiso coa reciclaxe”, afirman. Ademáis de todas as vantaxas ambientais, evítase que o cartón comercial se deposite nos colectores propios para o cartón e o papel que son de uso prioritario para a veciñanza.

A recollida selectiva de cartón comercial realízase todos os mércores do ano pola tarde. Os establecementos que non estean adheridos e que lles interese facelo tan só teñen que chamar ao Concello de Zas (981 70 83 03) para indicar a dirección do establecemento comercial e todos os mércores pola tarde deixar os cartóns apilados na porta do comercio dobrados e pregados ao máximo para que ocupen o mínimo espazo e para facilitar a súa recollida que se fai de forma manual.

O compromiso da veciñanza coa reciclaxe tamén se visibiliza nos colectores para o papel e o cartón nos que se recolleron ao longo do que vai de ano 12.915 quilogramos deste material. “Estes datos reflicten a necesidade de reforzar a reciclaxe co incremento do número de colectores de recollida selectiva en todo o municipio e de seguir sensibilizando á veciñanza sobre a importancia da separación de residuos no fogar“ sinala o alcalde, Manuel Muíño.

15 jul 2021 / 21:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.