Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vimianzo habilita o edificio da Torre para acoller actividades culturais

Vimianzo. O Concello vimiancés vén de executar as obras de mellora no edificio da Torre, á entrada do municipio, e adicará este espazo a fins culturais, onde xa se habilitou un aula para poder impartir clases de pintura.

O proxecto contou cun orzamento total de 126.568, 53 euros. O edificio estaba enfocado como un almacén e presentaba un deterioro importante na súa estrutura. A pesares de ser de titularidade municipal estaba tendo unha escasa utilidade, xa que se adicaba a acumular no seu interior materiais en desuso, segundo sinalan dende o Concello. Con este novo enfoque daráselle unha vida “na que as asociacións culturais e a veciñanza en xeral serán protagonistas, e será unha das referencias de todo o municipio”, sinalan.

Os traballos de rehabilitación centráronse na execución do recibidor en madeira maciza e a habilitación de baños para persoas con mobilidade reducida. Ademais, cambiáronse os materias de chans e teitos “e aínda quedan por executar as tarefas de xardinaría”, afirman.

“Esta é unha obra que desde a oposición impulsamos e que sempre caía en saco roto, pero que por fin facemos realidade”, argumenta a alcaldesa, Mónica Rodríguez, quen asegura que “será un espazo no que acolleremos diferentes actividades, cunha renovación integral nas calidades dos acabados e no que continuaremos coa nosa liña de traballo: en Vimianzo, as e os protagonistas son as veciñas e veciños”.

Por outra banda, o Concello está levando a cabo tamén tarefas de adecentamento na contorna da piscina municipal, para que poida estar a punto de cara a tempada estival. Entre as intervencións, destacan labores de roza e limpeza de superficies e preparación da zona de céspede. Das tarefas encargase o alumnado do obradoiro de emprego. J. M.

31 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.