Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rerfozos para a seguridade no Asalto ao Castelo e nas festas do verán de Vimianzo

O Concello habilitará un punto de atención
e información sobre igualdade e diversidade

Vimianzo. A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu a Xunta Local de Seguridade de Vimianzo xunto á alcaldesa, Mónica Rodríguez, para concretar todas as medidas encamiñadas a garantir a seguridade durante o desenvolvemento do Asalto ao Castelo, a Faguía de Carnés, e as festas de agosto.

Rivas puido comprobar as accións que van levar a cabo os corpos e forzas de seguridade do Estado nestas datas. Dúas patrullas da Garda Civil servirán de apoio aos axentes da Policía Local para garantir o bo desenvolvemento das actividades festivas.

Ademais, Protección Civil disporá de 15 efectivos. Revisouse tamén o plan de protección elaborado polo Concello no que se establecen os medios municipais para garantir a seguridade durante o desenvolvemento das festas.

Unha coordinación que é o que máis valoraron tanto a subdelegada como a alcaldesa, xa que aseguran que “é importante prestar o interese necesario a celebracións tan emblemáticas para a nosa provincia”. Rivas subliñou que son festas que van aumentar o número de visitantes e o tráfico e, por tanto, as medidas de seguridade. “Sabemos que este ano a xente ten moitas ganas de celebrar tras dous anos de restricións, pero pedimos prudencia e colaboración para evitar incidencias”, concluíu.

Pola súa banda, o Concello informou que contará tamén cun punto de atención e información en temas de igualdade e diversidade durante a celebración das principais festas do municipio. M. L.

24 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.