Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rehabilitarán o paseo do histórico núcleo de Santiago de Cereixo

Bordea un castelo, un parque, un muíño de mareas e unha capela de estilo románico // Atópase moi deteriorada debido ás inundacións

Vimianzo. O Concello ten proxectado o plan para reparar e habilitar o paseo de Santiago de Cereixo, que conta coa financiación da Consellería do Mar para estratexias de desenvolvemento local e cun valor estimado do contrato de 196.247,28 euros.

O obxectivó é dar solución a un dos problemas de base que presenta esta zona: as frecuentes inundacións nas épocas de choiva e crecida. A acontecida en decembro de 2018 provocou danos catastróficos tanto na estrutura de practicamente todos os tramos do paseo como nos pavimentos de madeira.

Trátase dun espazo natural e etnográfico singular á beira do río Carnés, na súa desembocadura na ría de Cereixo. Alberga un parque edificio, un castelo e unha fortificación que datan do século XVI, así como a capela románica de Santiago de Cereixo. A ría acolle tamén o muíño de mareas de Cereixo, de singular arquitectura de fábrica levantado no ano 1679.

O paseo presenta tramos diferenciados con características moi distintas, e preténdese que o impacto da actuación sexa mínimo. Por estes motivos, actuarán por tramos con diferente nivel de actuación en cada un deles. Non se variarán os límites e a contorna do paseo, mantendo como definitivas as cotas, pendentes e alturas actuais. Empregarán materiais xa existentes nestes espazo, como a madeira de piñeiro para as varandas e revestimentos verticais, e o granito gris para a delimitación e os remates dos camiños. O goberno local, neste senso, decidiu incluír unha serie de modificacións nalgún tramo e de maneira adicional, contemplando así o emprego da pedra en maior medida para acadar unha superficie ríxida e compacta que contribúa a minimizar o impacto de posibles futuras inundacións.

Instalaranse tamén novos modelos de luminarias para substituír ás actuais e farase o mesmo cos bancos e papeleiras. Recuperaranse os paneis informativos e realizaranse as pertinentes tarefas de limpeza previa. O proxecto inclúe, á súa vez, unha preinstalación da rede de saneamento que sirva ás vivendas ao pé da estrada DP-1603 consistente nun colector soterrado e un pozo para ser dotado nun futuro de bomba e tubaxe de bombeo de retorno ata a estada provincial.

O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, salienta da importancia de dar solución a un problema “histórico” no paseo de Cereixo, unha zona “moi rica patrimonialmente” e moi castigada “polas inclemencias meteorolóxicas”, que dunha vez por todas “gozará da rehabilitación que se merece, para que a veciñanza goce dun dos espazos máis destacados do noso municipio”

01 abr 2021 / 18:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.