Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reinaugurada a Radio Buserana do IES muxián

MUXÍA. O IES Ramón Caamaño, de Muxía, reinaugurou oficialmente o seu estudo radiofónico. Fíxoo cun recital de poesías escritas por Florencio Delgado, no marco das celebracións sobre o mencionado escritor, protagonista do Día das Letras Galegas deste ano. Cómpre salientar que o devandito centro educativo xa estivera nas ondas anos atrás, polo que foi posible aproveitar parte das instalacións e material da que fora bautizada como Radio Buserana.

Non obstante, tiveron que incorporar unha nova mesa de son para adaptarse aos cambios tecnolóxicos. Ata o momento, un grupo de docentes e alumnos fixeron algunhas probas neste medio, a través de entrevistas a conferenciantes que visitaron o centro. A idea de cara ó próximo curso é deseñar unha planificación que posibilite que todos os estudantes visiten con asiduidade os micrófonos. Alén desta presentación, o instituto acolleu dúas obras teatrais e a proxección de tres documentais. M. L.

18 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.