Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Renovan os bancos de ameixa xapónica e fina en Camariñas

Sementarán cincuenta redes na Paxariña // A agrupación investiu quince mil euros en cría

A agrupación de mariscadores de Camariñas está a aproveitar o tempo de cese da actividade para repoboar os seus bancos de ameixa, á espera de coñecer como afectaron as últimas riadas aos recursos na zona do Ariño, onde desemboca o río Grande.

O patrón maior, José Ramón Lema, asegura que “haberá que esperar quince días para ver as consecuencias das intensas choivas”, xa que ao exceso de auga doce hai que engadir que “o río arrastrou moitos residuos dos montes e acumulounos na desembocadura, o cal podería asfixiar o marisco”.

Non obstante, os profesionais do marisqueo teñen claro que “para poder recoller hai que sementar”, sinalou Lema Romero, e por iso xa comezaron os traballos para crear un gran banco de amexia na zona da Paxariña. A confraría investiu 15.000 euros na compra de semente, e espera recibir tamén outra parte do criadoiro que xestiona a Xunta. O obxectivo “e sementar unhas cincuenta redes de ameixa, que son moito milleiros, e xa temos unha ducia sementadas”.

Nos traballos participan os profesionais que non están de baixa, e xa comezaron a limpar parte da zona onde teñen previsto seguir sementando.

Dende mediados do mes de xaneiro, os mariscadores e mariscadoras de Camariñas acolleronse ao cese, dado que baixou moito a cotización do produto e os continuos temporais tampouco facilitaron a actividade. Ademais, “non tes a quen vender, xa que coa hostalaría pechada a demada caíu en picado”, afirma o patrón maior.

A intención dos profesionais do marisqueo era voltar a faenar na Semana Santa, “pero se non melloran as circunstancias non descartamos deixalo ata o mes de maio no caso de que poidamos seguir no cese”, engadiu.

José Ramón Lema augura que “este pode ser un ano complicado”, especialmente se a mortandade de marisco a causa das ríadas é moi alta, pois mermaría moito os recursos dipoñibles. Por outra banda, confía en que, se a situación sanitaria mellora nos vindeiros meses, “aumenten a demanda e as cotizacións, ou alomenos, eso ó que nos din os compradores”.

24 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.