Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Renovarán a rede principal que abastece de auga a Camariñas

Da servizo a unhas 2.500 persoas e tamén á principal industria conserveira da vila

Camariñas. A Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas investirán 102.266,95 euros nas obras de renovación da rede principal de abastecemento de auga ao centro do municipio, que se levarán a cabo na súa maior parte na zona de A Reja.

O presidente provincial, Valentín González, e a alcaldesa, Sandra Ínsua, asinaron este mércores o convenio para o financiamento dos traballos, aos que a Deputación aportará 80.000 euros e que implicarán a substitución da actual tubaxe de fibrocemento de 200 mm. que une o depósito de abastecemento de Camariñas co núcleo de Outeiro, onde se realizará a conexión coa tubaxe existente, por unha nova de polietileno.

A rexedora agradece o apoio económico da administración provincial para executar unhas obras “que permitirán solucionar os constantes problemas de mantemento que está a ter a día de hoxe unha rede que xa é moi antiga e que sofre periódicamente fallos no subministro e avarías”.

Trátase, engade, dunha obra importante para Camariñas, “xa que esta traída de auga da servizo a uns 2.500 veciños, unha cifra que se incrementa notablemente no verán, e abastece a unha das principais industrias conserveiras do municipio”.

Pola súa banda, Valentín González Formoso, destacou “o compromiso” do goberno provincial para apoiar aos municipios coruñeses na mellora das súas infraestruturas e servizos básicos como o abastecemento de auga, neste caso en Camariñas. J. M.

16 dic 2020 / 18:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.