Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Revisadas as limpezas de máis de seiscentas parcelas en Camariñas

CAMARIÑAS. O Servicio de Planificación Preventiva e Limpeza de Montes do Concello de Camariñas, subvencionado pola Xunta, revisou máis de 620 parcelas do municipio en 2020. Gran parte delas foron limpadas polos seus propietarios conforme á obriga da Lei de Prevención de Incendios de Galicia.

Ata marzo de 2021 o servizo municipal continuará revisando novas zonas e parcelas e tamén realizará o seguimento daquelas faixas que foron notificadas para que se axusten á citada lei. En canto ás parcelas sobre as que se efectuou unha comunicación previa que non cumpriron coa xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas estanse a realizar os expedientes que corresponden para executar subsidiariamente estas labores. O Concello iniciou xa as notificacións dos propietarios infractores, que en 15 días deberán executar esas obrigas. Dende a administración local lémbrase ademais que o 31 de maio de 2021, como cada ano, os propietarios deben ter xestionadas as parcelas ubicadas nas faixas secundarias arredor dos núcleos ou das vivendas illadas. O citado servizo municipal de planificación preventiva e limpeza de montes está a disposición destes propietarios para asesorar, informar e facilitar a execución desta obriga. f.r.g.

23 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito