Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Roteiros pola enseada do Trece e o Foxo do Lobo en Camariñas

Camariñas. Vía Inqueda convida a desfrutar esta Semana Santa da costa de Camariñas a través de dous roteiros. O primeiro será o venres, día 15, pola contorna do Cemiterio dos Ingleses e a enseada do Trece. Trátase dunha ruta de 11,6 quilómetros de dificultade baixa.

E o sábado, día 16, percorrerán a ruta do Foxo do Lobo, na costa de Reira. Un trazado no que os camiñantes poderán visitar asentamentos castrexos primitivos e a mámoa de Reira, ademais de gozar dunha impoñente paisaxe que mira cara o cabo e o faro Vilán.

Os interesados en participar poden inscribirse chamando ao 696 155232 ou a través de info@viainqueda.com e www.viainqueda.com. Os prezos son: 15 € (normal), 30 € (familiar) e 12 € (reducida). M. L.

11 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.