Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sanidade non ve alarmante o brote de covid detectado no colexio baiés

Pechouse unha aula e o Concello suspendeu de forma puntual as escolas de fútbol

Zas. O alcalde de Zas, Manuel Muíño, púxose en contacto este venres co xerente da Área Sanitaria A Coruña-Cee, Luis Verdes, despois de que nos últimos días se detectaran varios casos de coronavirus no CEIP Labarta Pose de Baio, que obrigaron a pechar unha aula do centro.

“Segundo nos transmitiron, a situación no noso municipio non é alarmante, aínda que é importante que cumpramos coas medidas preventivas, como o uso da máscara e manter a distancia de seguridade”, sinala Muíño.

Por este motivo, o Concello de Zas decidiu suspender de forma puntual as escolas deportivas de fútbol aproveitando a ponte festiva, momento no que a actividade se reduce de forma notable.

Luís Verde explicoulle ao rexedor que o número de casos que hai actualmente rexistrados “non son sinal de alarma nin a nivel local nin a nivel comarcal; de feito, segundo os datos emitidos o pasado martes pola Consellería de Sanidade no concello de Zas había 0 casos rexistrados debido a que aínda non foran contabilizados os positivos que se rexistraron no CEIP Labarta Pose durante a fin de semana”, sinala o rexedor.

O responsable da Área Sanitaria A Coruña-Cee indicoulle ao mandatario zaense que nestes casos o protocolo establece non realizar cribados, polo que, de momento, descártase esa opción.

Manuel Muíño quere enviar unha mensaxe de tranquilidade a toda a veciñanza xa que, en principio, a situación está controlada e os casos están moi localizados. J. L.

04 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.