Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sara Lage e Lalacó Atelier realzarán a moda nupcial na Mostra do Encaixe

Camariñas. Sara Lage, por todo o mundo coñecida como A raíña do Encaixe, e Inés Fernández con Lalacó Atelier, a deseñadora máis nova das Grandes Firmas, confirmaron a súa asistencia á XXXI Mostra onde a noiva terá un papel relevante. Será a terceira participación de Inés, namentres que será o quinto concurso da luguesa Sara Lage.

Inés Fernández con Lalacó Atelier di “sentirse moi afortunada de formar parte novamente da Mostra do Encaixe”, na que debutou con tan só vinte e cinco anos, unha cita que “para min é única, xa que me encanta rodearme do encaixe e da xente que loita para continuar aportándolle ese valor artesanal”, conclúe.

Presentará unha colección na que o encaixe terá un papel protagonista polo valor que lle engade ás pezas, apostando pola mistura de materiais cun toque moi romántico pero actual, aplicando a artesanía camariñana para que “cada vestido sexa unha xoia”.

Pola súa banda, Sara Lage, confirma que “hai moitas ganas de acudir novamente a unha Mostra na que teño moita ilusión posta e na que plantexarei os meus deseños nos que o encaixe aportará un valor engadido”. Asegura que “a artesanía de Camariñas outórgalle ás prendas algo que non se pode atopar en ningún outro lugar do mundo”. “Síntome tremendamente vencellada a Camariñas e para min é unha auténtica honra poder voltar onde, considero, está un anaquiño do meu fogar”, remata.

10 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.