Seguen aumentando as saídas dos bombeiros na loita contra as velutinas

CEE. Nos últimos meses, os bombeiros do parque comarcal de Cee veñen traballando arreo para retirar niños de velutinas. Rara é a semana na que non reciban dúas ou tres chamadas para intervir. O venres foron requeridos para eliminar un niño que se atopaba no interior dun tellado dunha estancia colindante a unha vivenda en Bustelo (Dumbría). Accederon ao mesmo por unhas pequenas entradas en forma de tubaxe que se empregan para a ventilación de dito lugar, xa que non había outro acceso posible. Por iso, fumigaron con insecticida e, de seguido, pecharon os buratos con espuma expansiva. Pouco depois, desprazáronse ata a Ponte do Porto (Camariñas), para retirar outro nun terceiro andar, a unha altura duns 12 metros. Tiveron que descender mediante cordas dende o faiado da vivienda por unha fiestra para poder eliminalo. M. L.