Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Seis mil vimianceses e camariñáns chamados a un cribado masivo

Seguen a medrar os casos activos nos municipios de Carballo, A Laracha e Cabana

Vimianzo. Seis mil veciños e veciñas de Camariñas e Vimianzo, de entre 18 e 60 anos, están chamados a someterse a un cribado masivo ante a persistencia de casos COVID. As probas comezaron este martes e estanse a realizar na casa da cultura vimiancesa e no centro de saúde da capital camariñana.

O Sergas citará a todas aquelas persoas incluídas no cribado mediante unha mensaxe SMS. Se algún veciño ou veciña non recibe citación por non figurar o seu número de teléfono no rexistro, realizará a proba ao final.

Namentras, o número de casos activos segue a medrar na Costa da Morte, e especialmente na área de Bergantiños. En Carballo este martes hai 199 afectados, 15 máis que o luns, e na Laracha suman 67, o que supón un aumento de dez casos. En Cabana subiron dous e contabilizan 17. Pola súa banda, en Muxía manteñen os 22 casos do luns, e noutros municipios rexistraron onte baixadas. A máis importante deuse en Vimianzo, onde contabilizan 114 positivos activos, 14 menos que o luns. En Camariñas baixaron catro e teñen actualmente 100 casos, e en Cee (60) e Laxe (44) a baixada foi de dous afectados en cada un dos municipios.

Entre as altas, hai que subliñar a da alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, que hoxe se reincorpora ao seu cargo. O concelleiro Fabián Canosa xa está activo dende o luns, e a edil Encarna Liñeiro continúa en illamento á espera dos resultados da analise serolóxica. Se todo vai ben, está previsto que se reincorpore o xoves ao seu posto.

Cabana e un dos concellos que hoxe quedará pechado perimetralmente. O seu alcalde, José Muíño, pide á veciñanza “moita prudencia e seguir en todo momento as recomendacións sanitarias para vencer o virus”. M. L.

19 ene 2021 / 18:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.