Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 26 noviembre 2020
00:20
h

Seleccionan ao Museo do Encaixe nunha guía europea de artesanía

Recopilaron as imaxes e a documentación para formar parte da ‘Home Faber Guide’

Camariñas. O Museo do Encaixe de Camariñas foi seleccionado para formar parte da Homo Faber Guide, unha guía que recollerá o máis interesante da artesanía e o deseño no ámbito europeo.

Ao longo desta semana traballaron no proceso de documentación fotografica de todo o material do museo para remitirllo, xunto con información de cada peza e os datos xerais do espazo museístico, á Michelangelo Foundation, impulsora da guía.

O proxecto pode consultarse na web https://www.homofaberguide.com/. Un espazo que, segundo sinalan dende o Concello de Camariñas, “ten como obxectivo destacar aos mellores artesáns de Europa e aqueles museos, galerías, obradoiros e tendas máis relevantes do sector, así como facilitar as alianzas dentro da comunidade”.

Será, engaden, unha plataforma moi atractiva visualmente, na que cada referencia ou institución terá a súa propia páxina con fotos e información sobre a súa actividade e datos útiles (ubicación, horarios, etc.).

A concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, amosou a satisfacción do Concello por esta selección, e asegurou que ademais de ser un foro de contacto para a comunidade de artesáns, será tamén “unha ferramenta para difundir a artesanía entre o público interesado, un paso máis no proceso de internacionalización do encaixe que estamos levando a cabo”.

A Michelangelo Foundation é unha institución internacional dedicada a impulsar a artesanía e o deseño.

No ano 2018 organizou por primeira vez o encontro artesán Homo Faber, que é único polas súas características. Nesa cita exhibíronse as obras de máis catrocentos artesáns e deseñadores europeos. Este ano estaba previsto que se celebrase a segunda edición en Xapón, pero foi posposta ata o ano 2021 debido á expansión da pandemia da covid-19, segundo informan dende o Concello de Camariñas. M. LAVANDEIRA

20 nov 2020 / 21:43
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.