Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sempre Corcubión denuncia o peche da oficina administrativa do ISM

De xeito temporal, segundo recolle o cartel que hai na porta, o servizo prestarase en Fisterra

O portavoz de Sempre Corcubión, Alfredo González, denuncia que a oficina do Instituto Social da Marina está pechada ao público, despois que o pasado día 24 quedase tamén sen o servizo administrativo. Hai que lembrar que, meses atrás, xa se deixou de prestar tamén a atención médica.

No cartel que se atopa na porta do ISM sinala que se trata dun peche temporal, e convida aos usuarios a dirixirse para calquera trámite á Casa do Mar de Fisterra, ou ben chamar por teléfono ao 981 740536.

Alfredo González considera que este “é un paso máis no intento de pechar a oficina de Corcubión, e o noso grupo sempre estará en contra destas prácticas con nocturnidade e alevosía, sen buscarlle unha saída airosa”. Agora, engade, “quedan dúas persoas, pero xa non hai atención ao público, o cal está a xerar malestar entre os usuarios ao ver que os desvían a un número de teléfono”.

28 sep 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.