Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sendeirismo, cine, voley e sesións de contos este verán en Dumbría

COSTA DA MORTE. Dumbría convida a desfrutar dun verán cargado de propostas de lecer. O martes comezaron o programa de sendeirismo e as visitas culturais do Centro de Interpretación de Rutas do Monte Pindo e Fervenza do Ézaro (CIR), co roteiro polo Muíño de Louredo, que se poderá percorrer todos os martes.

Os mércores e domingos haberá visitas guiadas ao CIR, e os xoves os interesados poderán percorrer a Ruta Entre Ríos; os venres desfrutar dunha visita 360º e os sábados dun roteiro polo monte Pindo acompañados de Pepe do Feieiro, gran coñecedor da paraxe natural. As persoas que desexen ampliar información poden dirixirse ao CIR, de martes a domingo, de 10.30 a 13.30 e de 16.00 a 18.30 horas; consultar a web www.cirmontepindo.com ou chamar ao 662 346927.

Ademais, esta fin de semana, os días 17 e 18 celebrarase o Circuíto Galego de Volei Praia no Ézaro, e do 22 ao 25 de xullo disputarase o Campionato de España de categoría infantil. Ademais, o sábado, no paseo proxectarase a película A Galiña Turuleca (22.30 horas). E os días 21 e 22 de xullo a biblioteca de Dumbría acollerá as sesións de contos A verdadeira historia de Hamelín e Os Contos do avó: lendas e historias de Galicia. J. M.

15 jul 2021 / 17:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.