Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sentida homenaxe ao acordeonista muxián Pazos de Merexo no Bela Fisterra

Músicos, poetas, actores e outros artistas sumáronse ao acto de lembranza celebrado ao pé da praia Langosteira

O hotel Bela Fisterra acolleu un animado e emotivo concerto homenaxe ao acordeonista autodidacta Manuel Pazos, por todos coñecido como Pazos de Merexo, por ser natural do lugar de Merexo (Muxía), onde faleceu en marzo de 2019.

Ata o pé da praia de Langosteira desprazáronse para lembrar a figura e obra do afamado acordeonista, no mesmo lugar que Pazos de Merexo participou no seu último evento social, coincidindo cunha clase maxistral de Kepa Junquera no hotel Bela Fisterra, quen se sumou tamén á homenaxe dende a distancia.

Entre os que aportaron o seu arte musical e literario na honra de Pazos de Merexo estaban Xurxo Souto, Adrián Lago (neto de Pazos), Brais Maceiras, Bieito Romero, Irma Macías, Bieito Romero Diéguez, Fernando Fraga, Alberte Núnes e Anxo da Carreirana, entre outros. O ceense Fernando Fraga mesmo compuxo unha peza recitada e musicada para a ocasión, segundo sinalou o xerente do Bela Fisterra, Pepe Formoso, conductor da homenaxe.

Tamén se achegaron ata Fisterra Eutrópio Rodríguez, autor das fotos do libro Pazos de Merexo, obra Pedro Pascual e Xurxo Souto así como o actor Miguel de Lira, quen, ademais de relatar varias anécdotas, sumouse á homenaxe musical na que todos os asistentes tocaron o tema Ai Lourido! . Dende Lira (Carnota) viñeron tamén Os Ignasio, Anxo da Carreirana e o seu pai Moncho, e entre os participantes estaban a pintora muxiana Viki Rivadulla e o poeta fisterrán Alexandre Nerium, ademais doutros.

10 may 2022 / 07:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.