Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sesenta nenas e nenos desfrutaron e aprenderon co campamento de Cee

A Escola Infantil Municipal xa comezou o novo curso escolar o pasado mércores

O campamento de verán Respira, organizado polo Concello de Cee, rematou despois de dous meses nos que os sesenta nenos e nenas participantes se divertiron ó tempo que aprenderon. Desfrutaron de xeito totalmente gratuíto de saídas ó teatro e á praia, a Semana de Olimpiadas, e actividades para aprender sobre a natureza e reciclado, entre outras.

Mentras uns rematan, outros comezan. Ese é o caso dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal, que xa volveron ás aulas o mércores, día 1, adiantándose á apertura doutras escolas, que abrirán o día 6. Dende o Concello destacan o notable aumento de nenos matriculados respecto ó ano pasado e que “este inicio de curso está sendo máis tranquilo que en 2020, cando todo era incertidumbre pola COVID”. A Xunta de Galicia actualizou no mes de agosto o protocolo a seguir, permitindo, por exemplo que se poidan facer actividades grupais.

02 sep 2021 / 19:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.