Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

de xénero en Camariñas

Camariñas. O Concello de Camariñas instalou nas cinco parroquias do municipio (Camariñas, Ponte do Porto, Arou, Xaviña e Camelle) sinais contra a violencia de xénero, unha iniciativa promovida dentro dos actos programados para o 25-N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Nos sinais instalados pódese ler o nome da parroquia acompañado da frase Contra o maltrato tolerancia cero. Esta actuación está subvencionada a través do Pacto de Estado contra la violencia de género.

Ademais, a programación inclúe tres obradoiros co alumnado de sexto de Primaria dos centros de Camariñas e Ponte do Porto e co alumnado de primeiro e segundo da ESO no IES plurilingüe Pedra da Aguia de Ponte do Porto.

Este mércores, 23 de novembro, ás 12.30 horas representarase a obra Amantis da compañía Rebordelos, unha peza teatral dirixida á mocidade onde se promove a igualdade e se rexeitan as actitudes machistas. Xa o propio día 25 de novembro, ao redor das 12 horas, os rapaces e rapazas do IES Pedra da Aguia lerán un manifesto contra a violencia de xénero e desenvolverán un recital poético apoiado de diversos carteis e acompañado dunha peza musical. arca

23 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.